miércoles, 17 de septiembre de 2025

ABERTO O PERÍODO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2025-2026




Abrimos o período de inscrición para o curso 2025/2026. Dende o 18 ata o 23 de Setembro. Non esperes máis!
Anótate nos nosos cursos e aprende un novo idioma.







As clases de galego teñen unaha modificación os xoves en Mª balteira
16:30 a 17:45 será eso e bacherelato e de 18:00 a 18:50 infantil e primaria



O horario de magic II dos venres e de 17:30 a 18:20

As inscricións faranse dende o día 18 de setembro ata o 23 de setembro, ambos incluídos. O día 24 de setembro levarase a cabo o sorteo das prazas e, posteriormente, comezará o prazo de pagamento de taxas, que comprenderá do 25 ao 20 de setembro.

Para participar nas actividades é necesario estar empadroado no Concello de Lugo. Nas follas de inscrición, no apartado “Solicitante”, deberán constar os datos da persoa que asistirá ao curso, é dicir, no caso do alumnado menor de idade, a folla cubrirase cos seus datos e será asinada polo pai, nai ou titor legal.

Só se permitirá unha solicitude por curso e centro. No caso de solicitudes duplicadas para o mesmo curso nos dous centros, serán anuladas e non entrarán no sorteo. Está permitido enviar solicitudes para máis dun curso diferente.

As follas de inscrición que non estean correctamente cubertas non participarán no sorteo, lembren indicar ben os cursos e horarios que solicitan, especialmente no caso dos infantís.

Se a súa solicitude for admitida, deberá pagar 30.90€ en concepto de taxas no prazo indicado, adxuntando, no caso dos adultos, unha fotografía e a fotocopia do seu DNI. Os nenos deberán achegar igualmente unha fotografía, a fotocopia do DNI do menor (no caso de telo), unha fotocopia do DNI do pai, nai ou titor e o documento de Autorización de imaxes asinado.

PAGAMENTO DE TAXAS. MODELO 503. DESCARGAR 3 COPIAS: UNHA PARA A CASA DAS LINGUAS, OUTRA PARA O USUARIO E OUTRA PARA O BANCO.

http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=503

 

A folla de inscricións colgarase en canto estea dispoñible. 




Horario de atencion al público de 10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:30 Horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

ABERTO O PERÍODO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2025-2026

Abrimos o período de inscrición para o curso 2025/2026. Dende o 18 ata o 23 de Setembro. Non esperes máis! Anótate nos nosos cursos e aprend...