lunes, 20 de junio de 2022

INSCRICIÓN CAMPAMENTOS DE VERÁN CASA DAS LINGUAS

Asunto: Bases que rexerán o proceso de matriculación nos campamentos de idiomas nas Casas das Linguas Maria Balteira  e Estrada da Granxa 2022


1. Obxecto da convocatoria:

As presentes bases teñen como obxecto regular o procedemento de matriculación nos campamentos de idiomas nas casas das Linguas Maria Balteira e Estrada da Granxa para o ano 2022.

 

2. Modalidade do servizo, horarios e período de prestación deste.

Os campamentos de idiomas levaranse a cabo nas dúas Casas das Linguas durante as seguintes quendas:

1ª quenda de Xullo: dende o 1 de xullo ata o 14 de xullo (de luns a venres,10 días)

2ª quenda de Agosto: dende o 16 de agosto ata o 31 de agosto (de luns a venres, 12 días)

Horario: das 9:30 ás 13:30 horas.

Co fin de dar unha maior cobertura horaria, a entrada poderá realizarse entre as 9:00 e as 9:30 horas e a saída entre as 13:30 e as 14:00 horas.

As actividades realizadas no campamento serán impartidas en inglés, francés e galego.

O número de prazas ofertadas por quenda son 15 en María Balteira e 15 en Estrada da Granxa.

3. Requisitos das persoas interesadas:

Poderán solicitar praza os nenos/as empadroados/as no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 5 e 12 anos (os nenos/as deberán ter cumpridos os anos no momento de inicio da actividade).

 

4. Procedemento de solicitude e concesión do servizo:

O procedemento de concesión do servizo iniciarase a solicitude das persoas interesadas, e realizarase por orde de inscrición mediante correo electrónico dende o día 20 ao 22 de xuño a partir das 10:00 horas da mañá.

As solicitudes deberán de ser dirixidas á dirección de correo da Casa das Linguas na que se queira asistir ao campamento:

-As solicitudes para a Casa das Linguas de estrada da Granxa enviaranse ao correo: casa.linguas@lugo.gal

-As solicitudes para a Casa das Linguas de Maria Balteira enviaranse ao correo: casa.linguas.balteira@lugo.gal

Poderase solicitar por orde de preferencia varias quendas, outorgándose unicamente unha quenda por alumno/a. A solicitude de irmáns haberá de realizarse no mesmo correo indicando os seguintes datos:

-     Nome do alumno/a

-     Data de nacemento

-     Quenda solicitada por orde de preferencia.

-     Teléfono de contacto

As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición entre o 20 e o 22 de xuño dende as 10:00 horas.

A listaxe de admitidos será publicada o día 23.

Unha vez admitidos, deberase de aportar a documentación necesaria para realizar a formalización da inscrición. O prazo de formalización será entre o 27 e o 29 de xuño.

- Fotocopia do DNI do pai, nai ou titor legal que presente a solicitude.

- DNI do menor

- Folla de inscrición cuberta 

- Autorización da toma de imaxes no seu caso.

De non formalizarse a inscrición no prazo establecido perderase o dereito á praza podendo ser cuberta polo primeiro neno/a da lista de agarda.

No suposto de que algún dos/as menores admitidos incumpran as obrigas de asistencia sen a xustificación oportuna, causará baixa na actividade solicitada, sendo cuberta a praza con alumnos/as da lista de agarda.

Reservarase un 25% das prazas ofertadas para nenos e nenas derivados polos equipos de intervención con familias do Excmo. Concello de Lugo dos Servizios Sociais de Base.

No caso de quedar prazas libres, unha vez rematada a listaxe de agarda, poderán cubrirse con alumnos que xa optaran a outras quendas, mediante correo electrónico ou inscrición telefónica.

 

Un ano máis abrimos os campamentos de Semana Santa en ambas Casas Das Linguas de Lugo. O prazo de inscrición comeza o 18 de Marzo ás 10 da m...