jueves, 14 de julio de 2022

BASES E DATAS PARA AS INSCRICIONS NOS CURSOS DE IDIOMAS DO VINDEIRO CURSO 2022-2023

1.- Obxecto da convocatoria.

As presentes bases teñen como obxecto regular o procedemento de admisión de alumnado nas Casas das Linguas de Estrada da Granxa e María Balteira para o curso 2022/23.

 2.- Persoas destinatarias.

Persoas empadroadas no Concello de Lugo e nenas/os a partir de 6 anos de idade, cumpridos no momento do inicio da actividade. As persoas non empadroadas terán a opción de matricularse no caso da existencia de prazas vacantes.

 3.- Modalidade do servizo e período de prestación deste.

As actividades de idiomas en ambas Casas das Linguas, iniciaranse o 15 de setembro de 2022 e rematarán o 16 de xuño de 2023. As clases terán unha duración de 50 minutos. Ofértanse 20 prazas para cada clase no caso de adultos e 15 prazas para as actividades infantís.

 4.- Procedemento para a solicitude e concesión do servizo.

O procedemento para a concesión do servizo iniciarase coa solicitude das persoas interesadas durante o período de inscrición entre os días 16 de agosto e 7 de setembro de de 2022.

 Poderanse solicitar varios idiomas pero só se poderá presentar unha solicitude por idioma. No caso de solicitudes duplicadas do mesmo idioma nos dous centros, serán anuladas e non entrarán no sorteo.

 Realizarase o sorteo das prazas o día 8 de setembro, sendo publicado o listado de persoas admitidas e as listaxes de agarda ese mesmo día a partir das 15:00h, en cada unha das Casas das Linguas, no taboleiro de anuncios municipal e no Blog das mesmas.

 

5.- Formalización da matrícula:   Documentación e pago de taxas.

As persoas admitidas terán que aportar a documentación necesaria para realizar a formalización da matrícula entre o 8 e o 14 de de setembro de 2022.

 Para Casa das Linguas Estrada da Granxa poderanse presentar presencialmente ou preferiblemente no correo: casa.linguas@lugo.gal

Para Casa das Linguas Maria Balteira poderanse presentar presencialmente ou preferiblemente no correo: casa.linguas.balteira@lugo.gal

 Documentación a achegar:

- Fotocopia do DNI,

- Folla de inscrición cuberta,

- Unha fotografía tamaño carné,

- Xustificante do pago de taxas (Modelo 503)

 Os adultos e maiores de 14 anos, deberán abonar 30,90€ por idioma en concepto de matrícula para o curso anual. Para isto deberán de cubrir o impreso 503 para as taxas de pago.

 Este impreso pódese recoller nos centros das Casas Das Linguas xa impreso ou ben descargalo da páxina Web do Concello, no caso de descarga do documento, deberanse imprimir 3 copias do mesmo arquivo (ca mesma numeración):

LINK DESCARGA

MODELO 407

  Exemplar para o solicitante.

· Exemplar para o banco.

· Exemplar para entregar no centro da Casa Das Linguas

 No caso de menores de idade, achegarase o DNI do pai/nai ou titor legal que realice a solicitude, folla de inscrición cuberta, unha fotografía tamaño carné e a autorización da toma de imaxes.

 No caso de non formalizar a matrícula no prazo indicado para a mesma perderase o dereito á praza.

 Non se considerará matriculada a persoa que non teña presentado o xustificante de pago.

 No suposto de que algunha das persoas admitidas incumpran as obrigas de asistencia sen a xustificación oportuna (máis de 4 faltas sen xustificación), causará baixa na actividade solicitada, sendo cuberta a praza, se existe listaxe de reservas, segundo a orde establecida na mesma

 6.- Idiomas a impartir .

 Impartiranse actividades nos seguintes idiomas:

 Inglés.

Niveis adultos: A1, A1.2, A2, B1, B2-C1

Niveis infantíl: Bebé, Magic English 1, Magic English 2, Super Teens

Francés.

Niveis adultos:A1, A2, B1-B2 C1

Niveis infantíl: Bebé, Primaria 1, Primara 2, ESO

Alemán.

Niveis adultos: A1-A2, A2-B1

Niveis infantíl: Iniciación e básico

Galego.

Niveis adultos: Iniciación, preparación de CELGA

Niveis infantíl: Obradoiro de lectura Portugués. Niveis adultos: Iniciación e Intermedio Niveis infantil: Iniciación

Linguaxe de signos. 

Niveis adultos: Iniciación Niveis infantíl: Iniciación

Español para erasmus.

 En función das necesidades do servizo, ou demanda existente, as clases poderán ser anuladas ou substituídas por outras.

 7.- Horarios.

 ESTRADA DA GRANXA


MARIA BALTEIRA




 

 

 

 

Un ano máis abrimos os campamentos de Semana Santa en ambas Casas Das Linguas de Lugo. O prazo de inscrición comeza o 18 de Marzo ás 10 da m...